Transcrición: vídeo sobre as eleccións europeas de 2024 Hai anos que levo isto soterrado no corazón. Acórdome todos os días, pero non falo diso. Unha mensaxe para os meus netos. E para o resto de Europa. Robin, eu non debería estar aquí hoxe. Houben morrer o 17 de xuño de 1940. O 21 recibín unha chamada: o exército estaba a invadirnos. Nunca pensamos que iso fose posible. Pillounos por sorpresa. Que opinas do que aconteceu aquí en Praga? Oxalá recuperemos a nosa liberdade e democracia. Tiña 11 anos cando comezou a guerra e 12 cando viñeron os soldados. Estaban por todas partes. Eu baixei coa miña cunca de froita e saín ó xardín. A miña nai asasinárona mentres me protexía. Cando tes tan só 12 anos e ves morrer a túa nai para protexerte, non o esqueces nunca. En Timișoara, mataron xente moza a tiros diante da catedral. Mandaron o meu pai a Auschwitz e alí o asasinaron. A miña nai tivo que deixarme sabendo que se cadra non me volvería ver. Non tiña tíos nin tías, parecíame algo estraño. Tampouco tiña avós. Todos tiñan avós. Eu non tiña ninguén. Non deas nunca por sentada a democracia. Hai que apoiala sempre. E protexela. O 17 de novembro, cando todo comezou, houbo unha gran manifestación estudantil. A policía bateu neles. Ese foi o momento no que comezou a revolución. Ó obter a independencia, Letonia converteuse nun país libre. Eramos libres de expresar a nosa opinión sobre a democracia. Cando caeu o Muro de Berlín, significou a emancipación de toda Europa. Miña Suzanne, miña Suus. Estou orgullosa de como es e quérote por ser así. Ben sabes que nacín nun ano no que o mundo estaba en guerra. Unha cousa así márcate de por vida. Por sorte, ti naciches en tempos de paz e prosperidade. Lembra sempre que a liberdade e a democracia non sempre existiron, e que podemos perdelas de súpeto. Tes que loitar por ela, estar sempre atento e loitar por ela. A mensaxe que quero deixar antes de irme é: Vive a democracia. Escoitarvos os uns aos outros. Coida ben da democracia cando eu xa non estea aquí. Depende de min. Depende de nós e da nosa xeración. En Europa. USA O TEU VOTO. SE NON, OUTROS DECIDIRÁN POR TI. ELECCIÓNS EUROPEAS 9 de xuño de 2024. O Parlamento Europeo agradece a todas as persoas que participaron neste documental por transmitir a súa mensaxe.